DEPORTES

Recepción aos participantes no torneo internacional de tenis de mesa ETTU Cup

07/09/2012 O Multiusos Fontes do Sar será a sede, o sábado 8 e o domingo 9 de setembro, da primeira ronda do torneo internacional de tenis de mesa ETTU Cup 2012, organizada polo club Arteal TM. Os seus participantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Ángel Currás, e os concelleiros Adrián Varela e Amelia González.

O club compostelán Arteal Tenis de Mesa participará por sétima vez nesta competición ETTU Cup e correspóndelle ser sede dun dos oito grupos que forman parte da primeira rolda da competición. O Arteal TM encádrase no grupo 6, que estará formado por outros tres equipos procedentes de Croacia, Inglaterra e Portugal.

O Arteal TM é o único equipo galego que está encadrado na liga de superdivisión masculina a nivel nacional e o único que conseguiu chegar a este tipo de competición.

Calendario de competicións

Sábado 8

1º partido ás 11:30 horas

Arteal Tenis de Mesa --- Libertas-Marinkolor" Dubrovnik
Sporting Club de Portugal --- B-Batt

2º partido ás 17:30 horas

Libertas-Marinkolor" Dubrovnik --- Sporting Club de Portugal
B-Batt ---Arteal Tenis de Mesa

Domingo 9

Arteal Tenis de Mesa --- Sporting Club de Portugal
B-Batt --- Libertas-Marinkolor" Dubrovnik

Compartir: