ECONOMÍA
Cada un dos bloques está dividido nunha parte teórica na que se explican os conceptos básicos e dúas partes prácticas con profesionais e emprendedores de recoñecido prestixio nacional e internacional.
Ao final das actividades terá lugar unha innovadora xornada de Outdoor Training na que os participantes poderán poñer en práctica o aprendido durante o seminario. O Outdoor Training consiste en desenvolver actividades de grupo ao aire libre para mellorar as competencias necesarias para o proceso de emprendemento.
A entidade organizadora do Seminario e a Asociación Club Emprende MAS, que conta coa colaboración de Xuventude.net, Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Universidade de Santiago, Cátedra Bancaja Jóvenes Emprendedores e ANEET.
O seminario desenvolverase ao longo do mes de setembro. A inscrición é gratuita e pode facerse a través da páxina web do CERSIA. O prazo remata o 9 de setembro.
O seminario tamén ten a súa propia web: www.ataondequereschegar.es
O CERSIA acolle o seminario para emprendedores "Ata onde queres chegar?"
07/09/2012 A concelleira de Economía, Reyes Leis; o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro; e os representantes da Asociación Club Emprende MAS, Román Iglesias e Natalia Gómez, presentaron en Raxoi o seminario para emprendedores Ata onde queres chegar?, dirixido a mozos entre 17 e 35 anos, emprendedores e persoas desempregadas.
Ata onde queres chegar? é unha actividade estruturada en tres bloques: Xestiona, Comunica e Vende a túa idea. O seu obxectivo é dotar os asistentes das habilidades e competencias precisas para desenvolverse no seu entorno real, tanto para cambiar como para crear algo.Cada un dos bloques está dividido nunha parte teórica na que se explican os conceptos básicos e dúas partes prácticas con profesionais e emprendedores de recoñecido prestixio nacional e internacional.