CULTURA

Nacho Vegas inaugura a nova temporada do ciclo Íntimo&Acústico

06/09/2012 Logo do parón estival, o ciclo Íntimo&Acústico, da Concellería de Cultura volve cunha nova temporada cargada de música de calidade. E inaugúrase cun concerto moi especial que dará Nacho Vegas acompañado da súa banda ao completo o venres, 14 de setembro, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal.

Nacho Vegas é hoxe en día un dos cantautores do que podemos chamar "indie" máis prolíficos do noso país. Foi membro fundador de Manta Ray, formación que alcanzou reputación internacional a nivel de crítica grazas a un persoal son e á súa sólida posta en escena. A finais da década dos noventa, Vegas abandonou o grupo para desenvolver unha carreira en solitario que, polo momento, deu lugar a catro álbums baixo o seu selo e multitude de cortes repartidos en recompilatorios, discos de colaboración, split-singles, mini-CD’s e mesmo bandas sonoras como èm]Verdá ou consecuencia para a televisión asturiana.

Os últimos traballos baixo o seu nome foron: en 2005 o single "El hombre que casi conoció a Michi Panero" (con 3 temas inéditos) con eleoclip da súa carreira, o LP Desaparezca aquí (frase recorrente dun dos seus escritores preferidos Bret Easton Ellis), e o EP en vinilo Esto no es una salida (ao que acompañaban o texto dun relato inédito até a data e o mesmo audio en formato CD); en 2006 o dobre CD El tiempo de las cerezas, disco que comparte co aragonés Enrique Bunbury e que o levou a pisar por primeira vez terras aztecas, e en 2007 o mini-CD Verano fatal, no que colabora coa cantautora Christina Rosenvinge. No disco inclúense cancións escritas por ambos os como a homónima "Verano fatal", "Humo", e "Me he perdido", outras escritas por Rosenvinge como "No lloro por ti", "Ayer te vi" e "No pierdes lo que das", e unha máis escrita por Vegas, "Que nos parta un rayo", parafraseando no título un disco anterior de Rosenvinge Que me parta un rayo. Á publicación segue unha xira durante o 2007-08. As alusións de ambos nas súas cancións á súa relación sentimental serán a partir de aí unha constante nos seus discos posteriores.

O 1 de decembro de 2008 Nacho Vegas publicou o que, até agora, é o seu último traballo, El manifiesto desastre, un long play con 11 temas gravados (máis unha canción extra) entre os meses de xullo e agosto dese mesmo ano da man do produtor musical Paco Loco. En 2009 comezou unha nova xira presentando El manifiesto desastre que deu comezo en Valladolid o día 23 de xaneiro. A finais do ano editouse o álbum en formato dobre LP.

O 5 de outubro de 2009 saíu á venda o EP El género bobo (Limbo Starr), que contiña cinco cancións inéditas e que contou co deseño do pintor Luís Díez. En outubro de 2010 anunciou o cesamento da súa relación coa discográfica Limbostarr, para enrolarse no seu propio selo discográfico: Marxophone. Dando a coñecer tamén a data de lanzamento do seu proximo LP, cuxo título tentativo é La zona sucia e será editado en febreiro de 2011 con licenza copyleft. En febreiro de 2011 publícase La zona sucia e en novembro de 2011 edita o EP Como facer crac.

Venda de entradas
A venda de entradas para o concerto, que vai a moi bo ritmo, está a facerse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h.); e en Novagaliciabanco, tanto en internet na páxina entradas.novagaliciabanco.es coma no teléfono 902 43 44 43. O prezo das entradas é de 20 € (18 € para o anfiteatro) para as entradas en venta anticipada; e 22 € (20 € no anfiteatro) para as que se merquen o propio día do concerto.

Compartir: