DEPORTES
Adrián Varela aproveitou a presentación para desexar o maior dos éxitos ao Arteal nesta competición e para recoñecer o traballo que en prol do deporte en Compostela vén realizando este club. Cómpre lembrar que o Arteal TM é o único equipo galego que está encadrado na liga de superdivisión masculina a nivel nacional e o único que conseguiu chegar a este tipo de competición. Ademais, o club conta cun total de seis equipos con representación nas distintas categorías nacionais e autonómicas, tanto a nivel masculino como feminino.
Tal como lembrou José Ramón Lete, o Arteal aposta polas escolas deportivas de tenis de mesa, tanto na súa propia escola coma nas de centros educativos, nas que participan arredor de 50 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, moitos dos cales xa están participando en distintas competicións, tanto a nivel federado como de deporte escolar.
De feito, na tempada 2011-2012, conseguíronse as medallas de ouro e prata nos campionatos galegos en categoría alevín feminino, bronce en infantil e prata e ouro en sub-23 masculino e feminino.
Calendario de competicións
Sábado 8
1º partido ás 11:30 horas
Arteal Tenis de Mesa --- Libertas-Marinkolor" Dubrovnik
Sporting Club de Portugal --- B-Batt
2º partido ás 17:30 horas
Libertas-Marinkolor" Dubrovnik --- Sporting Club de Portugal
B-Batt ---Arteal Tenis de Mesa
Domingo 9
Arteal Tenis de Mesa --- Sporting Club de Portugal
B-Batt --- Libertas-Marinkolor" Dubrovnik
O Arteal volver traer a Compostela unha competición internacional de tenis de mesa
05/09/2012 O Multiusos Fontes do Sar será a sede, o sábado 8 e o domingo 9 de setembro, da primeira ronda do torneo internacional de tenis de mesa ETTU Cup 2012, organizada polo club Arteal TM.
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiu ao acto de presentación da competición, nao que participaron tamén, entre outros, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e José Alborés, do Arteal Tenis de Mesa. Nesta ocasión, o club santiagués participará, por sétima vez, nesta competición ETTU Cup e correspóndelle ser sede dun dos oito grupos que forman parte da primeira rolda da competición. O Arteal TM encádrase no grupo 6, que estará formado por outros tres equipos procedentes de Croacia, Inglaterra e Portugal.Adrián Varela aproveitou a presentación para desexar o maior dos éxitos ao Arteal nesta competición e para recoñecer o traballo que en prol do deporte en Compostela vén realizando este club. Cómpre lembrar que o Arteal TM é o único equipo galego que está encadrado na liga de superdivisión masculina a nivel nacional e o único que conseguiu chegar a este tipo de competición. Ademais, o club conta cun total de seis equipos con representación nas distintas categorías nacionais e autonómicas, tanto a nivel masculino como feminino.