TURISMO

A oficina de información de Turismo de Santiago atendeu en agosto o maior número de consultas mensuais da súa historia

03/09/2012 A oficina de información de Turismo de Santiago atendeu no mes de agosto 46.329 consultas presenciais. Con esta cifra, este mes converteuse no de maior consultas atendidas na historia de Turismo de Santiago, entidade de promoción turística do Concello de Santiago creada no ano 1999. Esta cifra supón un crecemento do 13% respecto das 41.208 do ano 2011 e dun 3% respecto das 44.844 de agosto do Ano Santo de 2010, que ata o momento era o mes co maior número de consultas.

A procedencia das consultas distribúese do seguinte xeito: nacionais, 27.700; internacionais, 17.922; santiagueses, 747. As consultas nacionais crecen un 10% respecto de agosto do ano pasado, pero decrecen un 3% respecto do Ano Santo 2010. As internacionais soben un 17% respecto de agosto do 2011 e un 18% respecto de 2010, sendo así o mes con maior número de consultas internacionais. As consultas internacionais supuxeron o 38,65% das consultas totais, a maior porcentaxe alcanzada ata agora nun mes de agosto.

Atendéronse consultas de persoas procedentes de máis de 45 países. Os dez países con maior número de consultas foron: Italia, 4.015; Francia, 3.585; Alemaña, 2.346; Portugal, 1.298; Reino Unido, 969; EEUU, 641; Holanda, 569; Arxentina, 467; Bélxica, 403; Polonia, 352; e Irlanda, 320. Respecto a España, atendéronse consultas de persons procedentes de todas as comunidades autónomas. As cinco con maior número de consultas foron: Madrid, 5.543; Cataluña, 5.262; Andalucía, 3.799; Valencia, 3.111; e País Vasco, 2.361.

Compartir: