ALCALDÍA

Resolto o problema da canalización de auga na rúa dos Caraveis (Vidán)

27/08/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Barrios, Juan de La Fuente, visitaron a rúa dos Caraveis, en Vidán, acompañados de veciños da zona. Puideron así comprobar de primeira man o problema da canalización de auga que provocaba que a auga saíra quente polas billas dalgunhas casas do lugar.

Os técnicos da concesionaria do servizo de augas, Aquagest, terán cambiada a canalización nun par de días, atendendo así unha demanda veciñal que o propio alcalde se comprometera a atender. Segundo explicou o concelleiro de Barrios, o problema radicaba no feito de tratarse do final dunha canalización de auga, o que, unido ao tipo de aglomerado do asfalto, provocaba o quentamento da auga. Agora, cambiada a canalización, o problema quedará resolto.

Documentos relacionados



Compartir: