MOBILIDADE

Santiago acolle o encontro "A mobilidade en tempos de crise" do 12 ao 14 de setembro

22/08/2012 O Museo do Pobo Galego acollerá do 12 ao 14 de setembro o encontro A mobilidade en tempos de crise, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) coa colaboración do Concello de Santiago. O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, anunciou a apertura do prazo de matrícula para estas xornadas.

O obxectivo deste encontro é compartir e analizar experiencias entre os distintos actores da mobilidade e o transporte, nos ámbitos urbano, interurbano e metropolitano, con especial atención ás tendencias de mobilidade máis sostible. O curso está dirixido fundamentalmente a estudantes de enxeñerías, xeografía, así como a profesionais do sector e interesados en xeral.

O director xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Miguel Rodríguez Bugarían, dirixe este encontro, cuxa matrícula ten un custo de 129 euros, se ben existe un desconto do 50% para alumnos das universidades de Santiago, Vigo ou A Coruña. Para estes, ademais, as xornadas terán un valor académico de 20 horas, recoñecidas como créditos de libre elección.

Direccións relacionadas



Compartir: