DEPORTES

Composteláns e visitantes retratáronse en Raxoi coa Copa do Mundo e coas dúas Eurocopas logradas pola Selección Española

23/08/2012 O Concello de Santiago convidou a todos os cidadáns que quixeran admirar a Copa do Mundo de fútbol conseguida en Sudáfrica no ano 2010 e mais as dúas Eurocopas logradas en 2008 e 2012 pola Selección Española de fútbol a que se achegaran polo Concello nesta xornada de xoves. Numerosos composteláns e visitantes pasaron por Raxoi para retratarse cos trofeos.

As copas chegaron a nosa cidade ás 9:30 horas e foron recibidas polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela e outros edís do Goberno municipal. Dende ese momento permaneceron expostas na sala anexa á sala de prensa do Concello, no Pazo de Raxoi, onde os visitantes puideron observar os trofeos e retratarse con eles.

Compartir: