ALCALDÍA

Reyes Leis anima os 88 alumnos de Música en Compostela a ser embaixadores da cidade

14/08/2012 A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, recibiu os participantes no Curso Universitario Internacional de Música Española, no marco do tradicional programa Música en Compostela. Esta edición número 55 rematará o sábado 18 de agosto.

Oitenta e oito alumnos de diferentes países están participando nesta edición do Curso, marcado pola lembranza do que fora o seu director dende os comezos, Antonio Iglesias, falecido en outubro de 2011. O novo director, Agustín León Lara, reiterou, como cada ano, a agradecemento a Santiago por outorgar "nome a acubillo" a Música en Compostela e polo recoñecemento da cidade ao programa.

Pola súa parte, Reyes Leis expresou a súa satisfacción por recibir os alumnos, mestres e promotores deste Curso, "unha actividade fantástica que desenvolve todo os sentidos". Ademais, animou os participantes, procedentes de diversos países, a ser "embaixadores da cidade" alá onde estén.

Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Alumnos de diversos países do mundo acoden cada verán a estas prestixiosas xornadas.

Compartir: