ALCALDÍA

Recepción en Raxoi aos scouts españois

11/08/2012 A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, recibiron en Raxoi os integrantes das distintas organizacións federadas de ASDE-Scouts de España que participan no Campamento Federal de Rovers, que nesta ocasión tiña como destino Santiago.

Os scouts percorreron preto de 500 quilómetros polo Camiño do Norte, a pé e en autobús, ata chegar a Santiago. Para completar o Campamento, os participantes farán un voluntariado no último tramo do Camiño inglés. En colaboración co Concello e con Protección Civil, limpiarán e acondicionarán unha parte dese percorrido o domingo 12.

Esta actividade enmárcase nas celebracións do centenario de ASDE-Scouts de España.

Compartir: