FESTAS

O público volveu encher a Quintana para escoitar os grandes éxitos de Coti

24/07/2012 Tras o espectáculo multimedia dos Fogos do Apóstolo, a diversión trasladouse á praza da Quintana, onde Coti e Robert Ramírez ofreceron un concerto con entrada libre. O público volveu encher o recinto –e xa van varios cheos nestas Festas- e coreou especialmente as composicións máis coñecidas dos dous artistas.

Coti presentou en concerto os temas do seu último disco Lo dije por boca de otro, no que recolle boa parte desas composicións súas que foron popularizadas por outros artistas. Así, na Quintana soaron éxitos como "Color esperanza" (Diego Torres), "Te quise tanto" (Paulina Rubio) ou "Algo está cambiando" e "Andar conmigo" (Julieta Venegas), entre outros, nas particulares versións do arxentino. Tampouco faltaron algunhas das cancións que o propio Coti levou ao máis alto das listas ao longo da súa carreira.

Ademais de Coti, subiu ao escenario da Quintana Robert Ramírez. Os seus ritmos, ben diferentes aos do arxentino, tamén espertaron a adhesión do público, especialmente coa interpretación do tema que o levou á fama e ás pistas de baile, "Sick of love".

Compartir: