ALCALDÍA

A S.D. Compostela cumpre 50 anos

23/07/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e parte da Corporación recibiron en Raxoi os directivos da SD Compostela con motivo da celebración, nesta xornada, dos 50 anos da fundación co club.

Tanto o alcalde como o presidente do Compostela, Antonio Quinteiro, coincidiron na lembranza de todo o conseguido polo club nestes 50 anos e no desexo dunha traxectoria igualmente exitosa nos anos vindeiros. Así, o reto máis inmediato é lograr nesta temporada o ascenso a Segunda División B.

Mentres tanto, a SD Compostela continúa cos actos que neste 2012 está a realizar para conmemorar este 50 aniversario.

Compartir: