EMPREGO
Visitantes e empresas participantes
Para moitos dos participantes nos numerosos procesos de selección desenvolvidos polas case 60 empresas da II FIE, a experiencia resultou indubidablemente positiva. "Levo xa varios meses no paro e calquera iniciativa deste tipo é benvida. Esta mañá tiven unha entrevista de traballo e marcho bastante contenta, a ver se hai sorte", explicou unha candidata.
Segundo contou outro dos entrevistados, "Inscribinme hai dúas semanas na web da Axencia Local de Colocación e durante varios días estiven moi pendente das ofertas que saían publicadas. Mandei o meu currículo a tres ofertas e chamáronme para dúas delas, as que máis teñen que ver coa miña formación académica e a miña experiencia laboral". "Eu vin ata aquí sobre todo para informarme sobre a actividade dunha empresa que traballa no meu sector e que vai abrir un local en Santiago. A verdade é que os encargados do stand foron moi atentos. Pagou a pena a visita", indicaba un participante.
No tocante ás impresións que esta Feira suscitou nas empresas participantes, os representantes de Aquagest na II FIE, explicaban: "Contactamos con moita xente cun perfil moi axustado ao que nós buscamos. Respecto á organización do evento estamos moi satisfeitos". Pola súa parte, a responsable do stand de Cervexería Lois indicou que "imos abrir un local no Centro Comercial das Cancelas e pensamos que participar nesta feira era unha boa forma de coñecer posibles candidatos aos postos que precisamos cubrir". Para os responsables de Leroy Merlín, "esta foi unha experiencia moi positiva a varios niveis. Non só nos demos a coñecer como empregadores, tendo a sorte de que precisamos ampliar o noso cadro, senón que tivemos unha afluencia de xente moi importante".
A II Feira Internacional de Emprego finaliza cumprindo os obxectivos marcados
20/07/2012 Logo de dúas intensas xornadas de actividade, a II Feira Internacional de Emprego, organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, pechou as súas portas cun importante número de participantes e visitantes. Máis de 4.000 persoas acudiron nestes dous días ao Multiusos Fontes do Sar, recinto onde se celebraron os procesos de selección concertados e onde se desenvolveu o programa de conferencias e obradoiros gratuítos relacionados co sector laboral, o mercado de traballo e a busca de emprego.
Como na súa primeira edición, a II Feira Internacional de Emprego desenvolveu de forma ininterrompida numerosas entrevistas e procesos de selección in situ, unha característica que a diferencia claramente doutros eventos semellantes. Grazas ao labor desenvolvido pola Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago, que xestionou un importante volume de currículos (máis de 3.000), a II FIE permitiu a celebración de arredor de 500 entrevistas a outros tantos candidatos que optan aos case 350 postos de traballo ofertados polas 58 firmas participantes. Nos próximos días seguiranse desenvolvendo dinámicas de selección xa concertadas para estas mesmas ofertas.Visitantes e empresas participantes