OBRAS

Reunión no Ensanche para informar os veciños da reforma do Parque de Ramírez

19/07/2012 O Parque de Ramírez converterase nun espazo versátil, funcional e máis seguro, este é o obxectivo do Concello de Santiago, que informou os veciños da zona sobre as reformas que se van a acometer nesta área, nunha reunión informativa que tivo lugar no Centro Sociocultural do Ensanche e na que estivo presente a concelleira de Obras, María Castelao.

A actuación permitirá eliminar os seus actuais problemas de seguridade e incorporará unha pista deportiva e un circuíto biosaudable. O investimento será de 400.000 euros. O proxecto busca converter o parque de Ramírez nun espazo "máis versátil e máis funcional, eliminando a falta de seguridade existente", coa retirada dos montículos que, na actualidade, causan problemas de visibilidade para os pais e entre as zonas de xogo".

Proxecto participativo
Con esta reunión, a concelleira pretendía pechar a lista de consultas coa veciñanza sobre o anteproxecto, que xa recolle moitas das suxestións realizadas polos veciños da zona. Por este parque pasan unhas 75.000 persoas ao ano.

En canto aos prazos, a concelleira agarda que a finais do verán se poida licitar o proxecto e que, a partir de aí, se licite no prazo duns dous meses. As obras, cun prazo de execución de catro meses, comezarían así a principios de novembreo, co obxectivo de telas rematadas na primavera.

Compartir: