TURISMO

Máis de 3.500 tapas servidas na primeira semana de Tapéate Compostela

18/07/2012 Dende o pasado 9 de xullo once dos máis importantes restaurantes santiagueses ofrecen tapas de vangarda a só 2 € nas rutas de Tapéate Compostela.

Nos primeiros sete días da posta en marcha de Tapéate Compostela servíronse máis de 3.500 tapas nos once locais participantes. Este importante número de tapas amosa a boa acollida e grande aceptación que está tendo esta iniciativa, organizada polos propios restaurantes participantes e que conta coa colaboración do Concello de Santiago, Estrella Galicia, o Mercado de Abastos e o Hostal dos Reis Católicos.

Tapéate Compostela, que continúa ata o vindeiro domingo 22 de xullo, e unha iniciativa que ten como finalidade a dinamización turística da capital galega e o achegamento da oferta gastronómica de locais de vangarda. Tapéate Compostela é unha gran oportunidade para que podamos coñecer toda a riqueza da nosa gastronomía.

O horario para degustar as tapas é de 13:30 a 14:30 e de 20:30 ás 23:30.

Locais participantes
Os locais participantes son once e agrúpanse en dúas rutas: Zona Vella e Zona Nova. As tapas que se degustarán son as seguintes:
ZONA VELLA
O Curro da Parra: Volandeira "O Curro da Parra"
Garum Bistró: Ovo Atlántico
A Tafona Casa de Xantar: Kokotxa con arroz meloso de Codium
Acio: Bocadillo de mejillones con jugo de ensalada.
La bodeguilla de San Roque: Filloa rechea de grelos e mexillóns

ZONA NOVA
Tapería Castelao: Ensalada de robaliza
La Cavita:Tosta mariñeira con tomate, parmesano e xarda afumada
Manso: Fritura de chipiróns, cebola e améndoa
Descorche: Polbo fritido en fariña de millo con pimento de Arnoia
Bistró Leal: Ovo sorpresa
A Viña de Xabi: Piruleta de polo de curral con gambas pasado por panko de millo e mahonesa de curry vermello

Compartir: