ALCALDÍA

O alcalde interésase polas necesidades asistenciais da Aspanaes

13/07/2012 O alcalde, Ángel Currás, mantivo unha xuntanza co responsable de Aspanaes Santiago (Asociación de Pais de Nenos Autistas), Jesús Vázquez. Neste encontro, o rexedor compostelán interesouse polas necesidades básicas, en especial aquelas de carácter terapéutico e social, que axuden a mellorar as condicións da asistencia a persoas con diferentes niveis de discapacidade.

Neste sentido, Aspanaes, con dous centros de día na cidade —en Lamas de Abade e en Villestro— trasladou ao consistorio municipal a necesidade de solucionar certas deficiencias no de Villestro, relativas ás infraestruturas de acceso, ou á limpeza forestal de certas áreas da súa contorna co obxectivo de garantir as condicións de seguridade no centro de día. Pola súa banda, Ángel Currás mostrou o compromiso do Concello de Santiago a colaborar "na medida do posible e de xeito inmediato" para por fin canto antes a estes problemas.

Compartir: