EDUCACIÓN

Ábrese o prazo de preinscrición da Escola Municipal de Música

02/05/2006 A Escola Municipal de Música abre o prazo de preinscrición para o curso 2006-2007. Un ano máis, ofrece ensinanzas de música e movemento para rapaces de catro a sete anos, así como diversas especialidades instrumentais para alumnos a partir de oito anos. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de maio.

A oferta da Escola para este curso foi presentada pola concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, quen agarda para este ano o mesmo éxito de convocatoria que o anterior. Admisión do alumnado realizarase por sorteo público, no caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas. Os impresos deberán entregarse na propia Escola Municipal de Música, situada no número 54 da Rúa de Betanzos.

Entre as especialidades instrumentais ofrecidas polo centro son: violín, viola, violonchelo, guitarra, piano, percusión, contrabaixo, acordeón, oboe, frauta, saxofón, clarinete, trompeta, trompa, gaita, guitarra eléctrica e baixo eléctrico.

Elvira Cienfuegos tamén anunciou unha das actividades previstas da Escola Municipal de Música, un concerto o sábado 6 de maio en colaboración coa Escola Municipal de Música de Premiá de Mar (Barcelona). Ámbalas agrupacións interpretarán un extenso programa nos xardíns de San Domingos de Bonaval, se o tempo o permite. En caso contrario, o concerto celebrarase na propia Escola.

En Santiago estará a Coral desta escola, creada en 1997 e integrada por 40 mozos e mozas entre 14 e 19 anos de poboacións do Maresme e Barcelona. En xeral, canta a capella ou acompañada por pianistas, frautistas ou formacións instrumentais da escola.

Contacontos no rural

Elvira Cienfuegos aproveitou tamén para falar doutra das actividades da VI Campaña Municipal de Animación á Lectura, que levará sesións de contacontos ás escolas rurais ata o venres 5 de maio. O "Atrapador de contos" achegarase aos nenos e nenas a través dunha historia que descobre que na Feira do Libro de Santiago os contos percibiron o hermosos que eran cada lugar que visitaba (Susana, Sisto, Ganoso-Eixo, Rial-Laraño, Feáns-Villestro, A Peregrina e Conxo), e decidiron escapar da feira para vivir na súa escola. O contacontos foi o encargado de atrapar os contos e devolvelos á Feira, tarefa na que conta coa axuda dos nenos.

En cada escola montarase unha mini-feira do Libro, nun interesante proxecto para que os libros saian das feiras para habitar o contorno. Tamén se instalará en cada centro dúas pegadas en barro dos animais do noso bosque, habitantes dun bosque de libros, etc… E algunha sorpresa máis.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: