ECONOMÍA

O Concello de Santiago e a AJE estreitan lazos de colaboración

11/07/2012 A concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, mantivo unha xuntanza coa directiva de A Coruña Jóvenes Empresarios (AJE), na que lle trasladou o "apoio total" da Corporación municipal compostelaá ás iniciativas dos emprendedores da provincia.

O Concello de Santiago prosegue así no seu camiño á hora de priorizar a actividade económica como unha das vías máis óptimas de dinamización da cidade. Por iso, o apoio ás iniciativas empresariais innovadoras é un punto especialmente importante.

Neste sentido, Reyes Leis trasladou á directiva de AJE a dispoñibilidade "absoluta" do Concello compostelán a apoiar as iniciativas dos emprendedores da cidade e da provincia en aspectos como a axilización de trámites (licenzas) ou a dotación de ferramentas na búsqueda de financiamento, ámbito no que se está a negociar con varias entidades.

Ademais, a concelleira de Economía incidiu na necesidade de que os emprendedores galegos teñan acceso a formación adecuada ás necesidades do seu negocio, por medio de actividades que se están a realizar dentro do programa Santiago Investors Support – no que participan dez entidades da cidade- e que tiveron moi boa acollida neste primeiro semestre, continuando agora no segundo. Así mesmo, estase a traballar moito no "networking" para fomentar o intercambio de experiencias e a colaboracion empresarial, e tamén en actividades ás que as novas tecnoloxías dan acceso, onde o CERSIA se configura como un dos puntos clave de fomento e axuda Ao emprendemento.

Pola súa banda, o presidente de AJE, Óscar Valcuende, e o secretario da organización, Marcos Balboa, remarcaron o labor da súa asociación como plataforma de lanzamento de novas propostas de emprendores, non só na cidade da Coruña, senón tamén a nivel galego. O aumento da masa social é, neste sentido, un dos obxectivos desta asociación, que ve que o futuro pasa por unha potenciación das sinerxias empresariais entre a cidade herculina e a capital galega, sempre coa vista posta en crear un "produto conxunto" que repercuta positivamente en toda a Comunidade.

Compartir: