MOBILIDADE

Procesión de camións polas rúas de Compostela para celebrar o San Cristovo

07/07/2012 Santiago acolleu a celebración do San Cristovo cunha concentración de 30 camións que partiu do Paxonal para percorrer o Hórreo e a avenida de Lugo, rematando en Amio. O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, sumouse a esta particular procesión subido nun dos camións dos Bombeiros.

A modo de curiosidade, entre os participantes figurou un autobús antigo da empresa Mosquera e outro da empresa Montaña, que realizou a viaxe entre Barcelona e Santiago.

Compartir: