RECEPCIÓN

Recepción municipal aos participantes na peregrinación polo Camiño Inglés promovida por Hostalería Compostela

06/07/2012 Os concelleiros Paula Prado, Amelia González e Francisco Noya recibiron os alcaldes e demais participantes da peregrinación polo Camiño Inglés promovida por la asociación Hostalería Compostela.

Alcaldes e concelleiros dos 22 municipios polos que pasa o Camiños Inglés fóronse incorporando en diferentes tramos da ruta, que arrincara en Ferrol o luns 2 de xullo. Entre outros, participaron nesta peregrinación os presidentes das asociacións empresariais de Hospedaxe e Restauración de Santiago, A Coruña e Ferrol; o ex conselleiro Víctor Vázquez Portomeñe, xornalistas e bloggers gastronómicos e de viaxes.

A intención desta acción era dar a coñecer o enorme potencial desta ruta xacobea dende el punto de vista turístico, divulgando os seus atractivos enogastronómicos, patrimoniais, culturais e paisaxísticos.

Compartir: