ALCALDÍA

Homenaxe institucional a Xaime Isla Couto

05/07/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á homenaxe institucional a Xaime Isla Couto, cofundador da Editorial Galaxia e ilustre galeguista falecido en Vigo o pasado 25 de abri. O acto, celebrado na Biblioteca da Cidade da Cultura, estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915-Vigo, 2012) foi unha das figuras mais significativas da resistencia galeguista na ditadura, cofundador xunto con Francisco Fernández del Riego, Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro de Editorial Galaxia en 1950, director da Revista de Economía de Galicia (1958-1968), avogado, ensaista, promotor do Instituto Galego de Estudos Comunitarios (1987) e da editorial Sept (1965) dende a que, entre outras iniciativas, se promoveu a tradución ao galego da Biblia e o Novo Testamento.

A súa actividade centrouse no ámbito da economía, a espiritualidade e os estudos comunitarios, cunha sobranceira proxección cara á formación das novas xeracións galeguistas, ás que dedicou especial atención dende a Fundación Penzol e diversas iniciativas. Membro da Real Academia Galega dende 1999, entre outras distincións recibiu a Medalla Castelao da Xunta de Galicia en 1987 e o Premio Trasalba en 1992.

Compartir: