SEGURIDADE CIDADÁ E BENESTAR SOCIAL

Entrega de diplomas aos participantes no curso sobre actuacións ante o consumo de alcohol en espazos públicos

05/07/2012 Os concelleiros Paula Prado e Albino Vázquez asistiron á clausura e entrega de diplomas do Curso da Policía Local sobre "Actuacións ante o consumo de bebidas alcohólicas na rúa". As sesións duraron tres días e participaron 20 axentes.

Este curso abordou os procedementos de actuación policial ante o consumo de bebidas alcohólicas en espazos públicos. Tamén se falou doutras actuacións colaterais, como as intervencións de armas ou drogas a persoas que consumen bebidas alcohólicas.

Ademais das cuestións prácticas, as sesións serviron para facer un repaso polas principais normas estatais, autonómicas e locais que afectan a esta materia.

Compartir: