TURISMO

Santiago de Compostela e Wakayama estreitan lazos no marco da irmandade entre as súas rutas de peregrinación

05/07/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o gobernador da Prefectura de Wakayama (Xapón), Yoshinobu Nisaka, quen asinou no Libro de Honra da cidade.

Wakayama quere abrir unha nova etapa de relación con Santiago, marcada xa polo irmandade entre os camiños de Santiago e Kumano Kodo, ambos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Asi, Yoshinobu Nisaka mostrouse interesado no desenvolvemento dun plan conxunto de difusión das dúas rutas e dunha estratexia turística para ampliar o número de visitantes nipóns á Comunidade Autónoma.

O dirixente xaponés tamén está Galicia para negociar a apertura de relacións comerciais entre ambos territorios, centradas fundamentalmente no sector alimentario. Ademais, pretende promover os intercambios universitarios.

Exposición
Pola mañá, os concelleiros de Turismo, Reyes Leis, e de Relacións Institucionais, Francisco Noya, visitaran a exposición fotográfica Wakayama, organizada pola Casa de Galicia en Xapón. A mostra, aberta ata o 11 de xullo no Hostal dos Reis Católicos, exhibe imaxes de 30 lugares sagrados de Xapón.

Na visita tamén participaron a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, e o propio Yoshinobu Nisaka. Tras pasar por Compostela, a mostra percorrerá outros lugares de Galicia.

Compartir: