EDUCACIÓN

Os participantes na Escola de Verán de Inglés pasaron polo Concello

05/07/2012 Continúan as actividades da Escola de Verán de Inglés, que teñen como centro de operacións o IES Rosalía de Castro e nas que participan 300 escolares. Como complemento aos obradoiros e ás clases que se desenvolven no instituto, realízanse saídas a diversos centros de interese. Nesta ocasión, os alumnos e alumnas visitaron o Concello, onde foron recibidos pola concelleira de Educación, Rebeca Domínguez.

A Escola de Verán de Inglés combina as clases de inglés con obradoiros lúdicos, para aproveitar o tempo de actividade non escolar e practicar e mellorar o nivel de inglés. Hai obradoiros das seguintes temáticas: creación literaria e recomendacións de materiais de aprendizaxe da lingua inglesa, cancións, teen life, magazine, role plays, artes plásticas, cociña elemental, language games e english workshops. Todo isto complementado con actividades deportivas, xogos ou xincanas.

Tamén están previstas saídas a lugares como o mercado, os servizos do Concello ou os museos. Ademais, este ano o programa propiciará a práctica do deporte con sesións de natación na piscina de Santa Isabel, grazas á colaboración da empresa XADE. Outra das actividades e do Club Canino "Só lles falta falar", grazas á cal se dan a coñecer en inglés diversos aspectos das relacións a ter en conta cos cans de familia.

Compartir: