ECONOMÍA

O Concello e Galicia Sustentable trazan liñas de colaboración en materia de responsabilidade medioambiental

02/07/2012 As concelleiras de Economía, Reyes Leis, e de Urbanismo, María Pardo, recibiron en Raxoi o presidente da Fundación Galicia Sustentable e voceiro de TEDxGalicia, Marcos Pérez, e ao director do Centro de Negocios de Santiago, Celso Martínez.

A xuntanza serviu para coñecer as áreas nas que traballa esta fundación compostelá, co ánimo de perfilar proxectos en común que poñan a Santiago na vangarda das cidades sustentables. Esta entidade desenvolve divesos proxectos en todo o mundo. Así, entre os proxectos dos que se falou no encontro figuraban algúns como Infolabs, Axenda 21, Smart Cities ou Stop CO2.

Compartir: