ALCALDÍA

Os corredores da carreira "A Santiago contra o cancro" alcanzaron a súa meta

01/07/2012 A primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, recibiu os participantes na carreira de relevos contra o cancro impulsada pola Escola do Corredor ULE-Chorco co fin de recadar diñeiro para a Asociación Española contra o Cancro.

Foron máis de 50 corredores os que se foron relevando nesta carreira, denominada A Santiago contra o cancro 2012 e que arrincara en León o 29 de xuño. As achegas destes corredores permitiron recadar 12.000 euros para a loita contra o cancro. Tamén se sumaron diversas empresas e institucións a esta iniciativa, entre elas o Concello de Santiago.

Compartir: