ECONOMÍA

Ábrese o prazo para as empresas interesadas en participar no proxecto de implantación dunha tecnoloxía contra a falsificación

28/06/2012 A Concellería de Economía vén de abrir o prazo de inscrición para as empresas interesadas en participar no proxecto piloto para a implantación dunha innovadora tecnoloxía anti-falsificación en empresas fabricantes e puntos de venda da cidade. A inscrición, gratuíta, pode facerse a través da web www.maiscompostela.org. O prazo remata o 15 de xullo e hai un cota de 15 prazas.

O proxecto piloto ten coma obxectivo implantar na cidade un sistema global para a identificación de falsificacións. Baséase na tecnoloxía TAGTUM, desenvolvida pola empresa galega DNET e o Centro Tecnolóxico Gradiant, que permite verificar a través de Internet a orixinalidade dos produtos en calquera parte do mundo, cun Smartphone NFC. Esta tecnoloxía tamén permite, en caso de extravío, localizalos dun xeito sinxelo e seguro.

Nunha primeira fase do proxecto, o Concello e DNET colaborarán na distribución gratuíta de 5.000 chips TAGTUM entre fabricantes que comercializan os seus produtos na cidade e puntos de venda seleccionados, equipándoos cos lectores NFC de última xeración. Estes 5.000 chips serán precisamente os que se repartan entre as empresas que se inscriban.

Compartir: