XUVENTUDE

Vinte e cinco mozos e mozas fórmanse como monitores de tempo libre

27/06/2012 O concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Varela, visitou os 25 mozos e mozas que participan no Curso de Monitor de Tempo Libre que se desenvolverá dende esta xornada ata o 31 de xullo. Este curso capacitará os participantes para obter un título indispensable á hora de levar a cabo actividades de lecer e tempo libre e de realizar campamentos ou accións socioculturais e formativas.

O curso terá unha fase teórico-práctica de 200 horas e outra práctica de 150. A formación é intensiva, con dez horas diarias en xornadas de mañá e tarde. As actividades repartiranse entre o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche e o Centro Xuvenil Don Bosco.

Compartir: