MOBILIDADE

Entran en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano

26/06/2012 Os novos horarios de verán do servizo de transporte urbano entrarán en vigor o domingo 1 de xullo e estenderanse ata o 9 de setembro.

No mes de febreiro puxéronse en marcha importantes cambios na rede de transporte urbano. Este cambios estanse a asentar dentro da rede de transporte, polo que ao longo do verán farase unha adaptación destes horarios, cun dobre obxectivo: favorecer a accesibilidade dos usuarios e seguir co proceso de asentamento da rede.

A continuación detállanse as principais novidades dos horario para este verán:

· Liña 5: integración dos servizos á Rocha Vella, incrementando os horarios de paso por este barrio os sábados, domingos e festivos.

· Liña 6: incremento dun servizo con saída de San Marcos ás 7:00 horas en días laborables, o que supón unha continuación do incremento que se fixo nos horarios de inverno. Así mesmo, intégranse os servizos habituais do verán da antiga liña P6 cara Bando e Vilamaior.

· Liña 8: continúa cos mesmos horarios que tiña a antiga liña 8 durante o pasado verán na zona de Vidán, incrementándose o servizo respecto á antiga liña 13 nas zonas de Guadalupe, Camiño dos Vilares e Tanatorio.

· Liña 9: esta liña mantén os mesmos horarios que na tempada de inverno, a diferenza da antiga liña C9 que se suprimía nesta época.

A zona de Casas Novas, actualmente cuberta con esta liña 9, terá tamén as prolongacións coa liña 4 os sábados pola tarde, domingos e festivos; servizos introducidos no transcurso do verán pasado e que terán continuidade no verán 2012.

· Liña 12: incremento dun servizo respecto ao verán pasado con destino aos hospitais Clínico e Provincial. Manterase a última saída do hospital Provincial ás 15:05 h, horario tamén modificado nos horarios de inverno 2012.

· Liña 13: esta liña manterá nos meses de verán cos mesmos horarios que na tempada de inverno.

· Liña C4: continuarase a prestar o servizo introducido este inverno, con saída da Avda. de Lugo e Fontiñas ás 7:10 h en días laborables para facilitar o acceso a primeira hora aos centros hospitalarios.

· Liña P8: incremento dun servizo por sentido a primeira hora da mañá, de cara a facilitar o acceso ao centro da cidade ao igual que durante os horarios de inverno: saída de San Roque ás 6:45 h e saída de Reborido ás 7:10 h.

O resto dos horarios poderanse consultar na páxina web www.tussa.org. Así mesmo, lémbrase a todos os usuarios que poden consultar calquera dúbida no 901 12 00 54 ou ben a través dos perfís de TUSSA en Twitter e Facebook.

Direccións relacionadas



Compartir: