CENTROS SOCIOCULTURAIS

Éxito de participación nas actividades do programa "Vive o verán"

26/06/2012 O 25 de xuño rematou o prazo de presentación de solicitudes para participar nas actividades matinais organizadas dentro do programa Vive o verán. En particular, destaca a boa acollida das actividades propostas para as parroquias do rural, xa que se cubriron as 90 prazas ofertadas.

As Mañás de verán e de xogo apostan pola conciliación familiar e laboral. Son ata seis accións agrupadas en tres localizacións urbanas (centros socioculturais de Vite, Conxo e As Fontiñas) e tres rurais, agrupadas por locais socioculturais: Marrozos, Eixo e Bornais; Busto, Nemenzo e Marantes; e A Gracia, Grixoa e Lamascal. As actividades celebraranse do 2 ao 31 de xullo, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Nas tres rurais, que ofrecían 90 prazas, cubriuse a oferta na súa totalidade. Queda por contabilizar a actividade programada en Figueiras, Laraño e Villestro, organizada pola Asociación Veciñal Nova Xeira coa colaboración do Concello. Neste caso realizarase un campamento infantil. O horario, tamén de luns a venres durante o mes de xullo, será de 9:00 a 14:00 horas. Está destinado a nenos de entre 5 e 12 anos.

Con respecto as Mañás de verán organizadas nos centros socioculturais de Vite, Fontiñas e Castiñeiriño a resposta ten sido tamén moi satisfactoria, contabilizándose a seguinte participación: CSC As Fontiñas, 25 inscritos; CSC Vite, 21 inscritos; e CSC Conxo, 26 inscritos.

Nestas Mañás de verán e de xogo, nenos e nenas entre 4 e 12 anos, poderán gozar dunha programación especial nos centros socioculturais. Ademais, tamén se prepararon actividades noutros espazos públicos co obxecto de que a xente saia á rúa e viva o tempo estival.

A partir do mércores 27 estará exposta nos taboleiros informativos dos centros socioculturais e na paxina web www.santiagosociocultural.org a relación dos participantes admitidos, que deberán formalizar a matricula(pagamento e entrega de documentación) entre os días 28 e 30 de xuño, podéndose achegar aos centros socioculturais onde se desenvolve a actividade para recoller a correspondente folla de pagamento, en horario de maña e de tarde.

Roteiros e saídas a Cerceda
A programación de Vive o verán inclúe tamén unha serie de roteiros, que xa teñen todas as prazas cubertas. O primeiro deles desenvolveuse o venres 22 de xuño e o seguinte, dedicado ás plantas medicinais, realizarase o xoves 28 de xuño.

Tamén están cubertas as 50 prazas das dúas saídas previstas ao parque acuático de Cerceda. Serán os días 5 e 19 de xullo.

Obradoiro de videoclip
Finalmente, aínda quedan prazas no Obradoiro de videoclip que se celebrará na Fundación Autor os días 3, 4, 5 e 6 de xuño.

Compartir: