ALCALDÍA

O alcalde reitera a vontade de permanencia do mercado en caso de executarse as obras necesarias e de flexibilizar os seus usos

25/06/2012 O alcalde compostelán, Ángel Curras, e concelleira de Mercados, Reyes Leis, recibiron a Plataforma cidadá de apoio á Feira de Amio. Aos seus integrantes, o rexedor municipal reiteroulles a vontade municipal de que "si se levan a cabo os investimentos necesarios e si existe flexibilidade por parte dos gandeiros, a feira pode continuar en Santiago sen ningún problema".

Ángel Currás explicoulle aos representantes da Plataforma que se ten solicitado á adxudicataria un plan de viabilidade que contemple a compatibilidade de usos e que permita a rendibilidade do recinto. Neste sentido, a Plataforma reiteroulle ao alcalde a súa defensa da permanencia do mercado en Compostela.

A propósito da flexibilidade para a compatibilidade de usos, o rexedor explicou que "mover a feira de día plantexaba problemas para os tratantes pola coincidencia con outras feiras, pero amosáronse dispostos a flexibilizar no sentido de, se hai outro evento previsto para o recinto, trasladarse a outro recinto ou mesmo suspender a feira nesa data".

Compartir: