EDUCACIÓN

Rematan os concertos nas rúas e prazas con motivo do Día Europeo de Música

22/06/2012 O programa organizado pola Concellería de Educación en colaboración coas escolas musicais da cidade para celebrar o Día Europeo da Música rematou cunha nova xornada de concertos en varios espazos da cidade.

Tras os concertos realizados o xoves 21, Día Europeo da Música, o programa continuou o venres cunha actuación no Hospital Clínico de Santiago do coro de nenos e solistas de Escola Estudio e con actuacións a partir das 18:30 horas na praza Roxa de diferentes agrupacións musicais. A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asistiu a estes últimos.

Para finalizar o programa, o Casino de Santiago acolleu un concerto do profesorado e alumnado da Escola Municipal de Música.

Compartir: