ALCALDÍA

O alcalde compostelán será o delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo Santiago

22/06/2012 O Rei Don Juan Carlos de Borbón designou ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, delegado rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo na Catedral de Santiago.

Ángel Currás exercerá esta responsabilidade tan só uns meses despois de asumir o cargo de alcalde. A decisión vénlle de comunicada ao propio rexedor municipal polo xefe da Casa Real, Rafael Spottorno.

O alcalde sucede neste oficio á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, encargada da Ofrenda en 2011. Nos últimos anos, dende 1999, S. M. El Rey Don Juan Carlos I realizou a Ofrenda en tres ocasións, 1999, 2004 e 2010, todos eles Anos Xubilares; o ex-presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, oficiou a Ofrenda no ano 2000; o ex-alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo nos anos 2001, 2005 e 2008; a Infanta Cristina foi Delegada Rexia no ano 2002; o ex-presidente do Parlamento, José María García Leira, no ano 2003; en 2006 o oferente real foi o ex-presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e en 2007 a ex-presidenta do Parlamento, Dolores Villarino. O actual presidente da Xunta exerceu de delegado rexio en 2009.

Documentos relacionados



Compartir: