RECOLLIDA SELECTIVA

Os contedores amarelos teñen premio

26/04/2006 Unha fin de semana para dúas persoas nunha casa de Turismo Rural é o premio que poderán gañar aqueles que mellor fagan uso do colector amarelo dende o 1 ao 30 de maio, dentro da campaña de recollida de plástico, latas e briks. A iniciativa, que chega á súa segunda edición, foi presentada pola concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano.

O sorteo das 21 estancias, que poderán aproveitar do 1 de xuño ao 31 de outubro, realizarase escollendo ao azar bolsas do colector amarelo que indiquen claramente no exterior o nome, enderezo e teléfono do cidadán que as depositou. Así, as catro primeiras bolsas inspeccionadas o primeiro día despois da fin de semana e as tres primeiras o resto dos días, que no seu interior conteñan unicamente envases de plástico, latas e briks, serán as premiadas.

A concelleira animou aos cidadáns a participar desta iniciativa e lembrou o éxito da mesma na pasada edición. A campaña será divulgada a través da cartelería disposta nos centros socioculturais e grandes superficies comerciais.

Direccións relacionadas



Compartir: