CULTURA

Chega a Santiago de Compostela o Circo Acrobático Nacional de Pequín

21/06/2012 O Circo Acrobático Nacional de Pequín chega á nosa cidade o vindeiro mes de setembro. Fundado en 1950, foi condecorado con 18 medallas de ouro en diferentes competicións internacionais, e está entre os máis importantes circos chineses. O sábado día 22 fará dúas funcións do seu espectáculo O soño dunha viaxe a Oriente no Auditorio de Galicia, ás 18:00 e 21:00 horas. As entradas, 10 € para nenos de ata 12 anos e 20 € para adultos, están xa á venda na billeteira do Teatro Principal e en Novagaliciabanco.

Fundado en 1950, realizou nestes mais de 60 anos unha importante contribución á prosperidade das acrobacias e a abundancia das actividades culturais e as súas representacións introducíronse en cada esquina do país. Foi o primeiro grupo que se fundou na denominada 'Nova China' e tamén o primeiro grupo que saíu ao estranxeiro representando a China. Nos últimos 50 anos visitou mais de 80 países contribuíndo ao establecemento de relacións entre o pobo chinés e todos os pobos do mundo.

Nestes momentos, o circo ten mais de 100 números diferentes entre representacións aéreas, equilibristas, animais adestrados, farsas, imitacións, maxia, coordinacións de grupos.... A partir de 1990 teñen producido e presentado espectáculos baseados na esencia da acrobacia tradicional, recollendo ideas do baile, a ópera e o teatro chinés. Ten a súa sede en Pequín e realiza representacións tanto en carpas como en teatros tradicionais.

Desde a súa fundación foi condecorado con 18 medallas de ouro en diferentes competicións internacionais, e está considerado entre os mais importantes circos chineses.

O soño dunha viaxe a Oriente
O espectáculo que este ano nos presenta o Circo de Pequín na súa xira por España amósanos un colorido mundo de ilusión visto polos ollos dunha nova e encantadora nena que, conducida polo amable avó árbore, móstranos aos animais saltando no bosque máxico, a tranquilidade da alba, a febre do mediodía e a esmorga da noite antes do seu despregamento. O seu soño carnavalesco termínase cando chega de novo a mañá, coas bolboretas bailando sobre o ceo.

Estruturado por moitas técnicas aplicadas na acrobacia e a través de diferentes enfoques artísticos, o Circo de Pequín, mergúllao nun asombroso e animado bosque con todo tipo de máxicos animais, libélulas, ras, papagaios, esquíos, monos, arañas, bolboretas, etc.

É un espectáculo completo coreografiado teatralmente para audiencias de todas as idades, ofrecendo un amplo abanico de entretemento, incribles acrobacias, música atraínte e extraordinarios efectos luminosos, en definitiva un fabuloso e sorprendente espectáculo.

Compartir: