TURISMO

O Concello colabora coa carreira solidaria "A Santiago contra o cancro 2012"

20/06/2012 A carreira no competitiva A Santiago contra o cancro 2012, que se celebrará do 29 de xuño ao 1 de xullo unindo León con Santiago de Compostela, e que organiza a Escola do Corredor ULE-Chorco e a Asociación Española contra o Cancro (AECC), segue co seu obxectivo de recadar fondos para a loita contra esta enfermidade. O Concello colabora con esta iniciativa, motivo polo que a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu en Raxoi o presidente da Asociación contra o cancro de León, Agustin Montoya.

A proba continúa sumando corredores, algúns deles de elite, achegando cada un mínimo de 200 euros. Tamén se teñen sumado diversas empresas e institucións a esta iniciativa, que leva aparellada outras actividades, como galas benéficas.

Cursos Internacionais
Ademais, a concelleira de Turismo reuniuse co vicerreitor de Relacións Exteriores da USC, Víctor Millet, e coa xerente de Cursos Internacionais, Lanzada Calatayud. O obxectivo deste encontro era traballar en torno a acordos de cooperación en materia de promoción turística e de creación de sinerxias entre INCOLSA e a os Cursos Internacionais.

Compartir: