EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico e a Vicepresidencia da Igualdade colaborarán en diversas actividades para a xuventude

26/04/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, en calidade de presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, e o vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, Anxo Quíntana, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades no ámbito da xuventude durante o presente ano.

En virtude deste acordo crearase un Forum de Xuventude do Eixo Atlántico e impulsarase un programa de apoio á creación de Redes Informais de xoves. Tamén se realizarán estudos para a execución de programas de traballo transfronteirizos e un Manual de Boas Prácticas de Xuventude no Eixo Atlántico.

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular comprométese ó desenvolvemento dos estudos, contactos e apoios no marco destes ámbitos. Pola súa parte, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar facilitará apoio informativo e asesoramento técnico, ademais de facer unha aportación económica de 20.000 euros.

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular é unha asociación transfronteiriza integrada polos 18 principais concellos de Galicia e a rexión Norte de Portugal, para promover a cohesión económica, social e cultural da Eurorexión mediante a vertebración dun territorio en común, estratexia na que xogan un papel prioritario as políticas de xuventude.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: