CULTURA

"O retrato de Dorian Grey", de Teatro Arte Livre, pecha a programación desta temporada do ciclo Teatro&Danza

18/06/2012 O retrato de Dorian Grey pecha a programación deste curso de Teatro&Danza, ciclo da Concellaría de Cultura. Será o martes 19 e o mércores 20 de xuño no Teatro Principal. As entradas, 12 € (9 € no anfiteatro) poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, que permanece aberta de 18:00 a 21:00 horas de martes a sábado (+ días de espectáculo).

Vigorosa contra a moral burguesa de súa época, O retrato de Dorian Gray é unha das obras primas de Oscar Wilde e unha das mais célebres historias da literatura inglesa. O seu éxito permanente préndese non só na orixinalidade de súa trama senón tamén nas ideas estéticas e o brillantísimo estilo do seu refinado autor.

O retrato de Dorian Gray revélase actual e rico de contido, envolvendo a busca da perfecta realización sexual e a afirmación dunha arte que vale por si mesma. A espantosa historia dun home que se mantén mozo mentres o seu retrato envellece, mostrando sinais de súa degradación física e moral.

Esta obra estreouse orixinalmente en 1991 e agora reestréase mantendo só fiel ao orixinal o decorado, do paisaxista brasileiro xa falecido Roberto Burle Marx e que recibiu o en 1994 o Premio Compostela de Teatro; e a banda sonora, orixinal da obra creada unha boa parte en percusión Afro e mesturada coa música clasica de Mussorgsky.

Nesta estrea foron engadidas novas escenas e personaxes, como o rapaz de 12 anos Edgar (interpretado por Cristina Collazo) e a relación pedófila co perverso e corrupto Dorian Gray (Roberto Cordovani). O triangulo amoroso homosexual (Dorian-Lord Henry-Basil) referíndose á primeira inclusión homosexual da literatura inglesa, nesta produción está moito máis evidenciado e provocativo. Todas as escenas, actitudes e diálogos pertencen ao 100% á obra homónima do autor Irlandés Oscar Wilde.

Hai máis coreografías Afro que demostran unha forza maior e corrupta sobre a influencia do Catolicismo en choque aos mundanos sons Afros, influencia das andanzas de Dorian Gray cos indios na Amazonia do Brasil do século XIX.

Os novos efectos especiais, como as varias fases da "Lúa", elemento importante na narrativa de Wilde e a transformación do cadro nas súas varias etapas de degradación corren a cargo do actor e tamén productor Bruno Portela, así como a restauración do decorado.

Plasticamente e enerxeticamente, esta nova montaxe fai a súa despedida de Galicia no Teatro Principal de Compostela, partindo despois para a Illa da Madeira, Manaus, Acre, Rio de Janeiro, Goiania, Brasilia, Sao Paulo, Belo Horizonte, Vitória e outras importantes capitais brasileiras e as cidades do interior dalgúns estados, sumando 50 cidades que serán percorridas de xullo a finais de novembro deste ano.

Compartir: