ALCALDÍA

O alcalde recibiu o novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz

15/06/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz Cadenas, só un día despois de que este tomara posesión do seu cargo.

Ángel Currás expresoulle ao novo responsable deste instituto armado a vontade de máxima colaboración. Entre os temas da reunión estivo a necesidade dun novo cuartel para a Garda Civil en Santiago, ante o deterioro que presenta a actual sede das Cancelas.

Zamorano, de 56 anos, o xeneral de brigada José María Feliz Cadenas dirixía ata agora a Garda Civil de Asturias. Sucede no cargo ao xeneral Faustino Álvarez Sola, trasladado a Madrid para dirixir o Servizo de Información da Garda Civil.

Compartir: