ECONOMÍA

Entrega dos premios Emprendedor XXI

13/06/2012 O conselleiro de Economía, Javier Guerra, presidiu a entrega dos premios Emprendedor XXI, organizados por La Caixa e o IGAPE. O acto tivo lugar no edificio municipal CERSIA, onde a concelleira de Economía, Reyes Leis, exerceu de anfitrioa. No acto tamén estiveron presentes o delegado xeral en Galicia de La Caixa, Maro Arthur; o delegado xeral do IGAPE, Javier Aguilera; e o representante de Nisa, Cormao Legget.

O premio Emprendedor XXI é un programa de La Caixa que se celebra en toda España. En cada comunidade autónoma hai unha fase previa na que se selecciona un gañador entre os proxectos que se presenten. Os gañadores autonómicos pasan ao concurso para o conxunto de España. Na fase galega, La Caixa conta coa colaboración da Consellería de Economía a través do IGAPE.

Compartir: