RÉXIME INTERIOR, EDUCACIÓN E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Catrocentos escolares coñeceron de preto o Concello na Xornada de Portas Abertas

08/06/2012 O Concello celebrou unha nova Xornada de Portas Abertas. Ao longo da xornada, máis de 400 escolares pasaron por Raxoi para coñecer de preto a Administración Municipal.

A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, foi a encargada de recibir os escolares do Colexio San Pelayo, Colexio Vilas Alborada, CEIP Roxos Villestro, CEIP Vite, CEIP López Ferreiro e Colexio A Inmaculada. Logo, monitores do Departamento guiáronos polas diferentes dependencias e explicáronlles aos rapaces e rapazas o funcionamento do Concello.

Nunha das dependencias municipais, o Salón de Plenos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, pasou a saudar os nenos e nenas, convertidos por uns momentos en improvisados concelleiros. O rexedor interesouse pola súa marcha académica e polos seus coñecementos da Administración municipal. Os rapaces tamén coñeceron o despacho do alcalde.

Para a xornada da tarde estaba prevista a visita de varios colectivos veciñais, respondendo á invitación formulada pola Concellería de Participación Cidadã.

Compartir: