ALCALDÍA

O Consorcio avanza nos traballos para abrir o Museo das Peregrinacións e de Santiago

08/06/2012 O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi coa xerente do organismo interadministrativo, María Antón.

Presidente e xerente falaron da marcha dos traballos encamiñados á apertura do Museo das Peregrinacións e de Santiago, prevista para finais de xuño ou principios de xullo, segundo avance a configuración da parte expositiva. En particular, Ángel Currás, referiuse á recuperación da maqueta da Catedral traída dende Sobrado e a algunha das salas previstas.

Na xuntanza tamén se abordou a formalización dalgún convenio, unha vez que o Consorcio conta co seu orzamento, como o previsto coa Fundación Laboral da Construción para que Santiago sexa a sede do Centro Estatal de Formación en Rehabilitación.

Compartir: