ALCALDÍA

Encontro en Santiago de xefes e mandos da policía local de varias cidades galegas

08/06/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto cos concelleiros de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, e de Relacións Institucionais, Francisco Noya, saudou os xefes e mandos da policía local de varias cidades de Galicia da novena promoción de mandos da Academia Galega de Seguridade.

Santiago acolleu en 2012 este encontro, que cada ano se celebra nunha cidade diferente. Tras a recepción do alcalde, os mandos visitaron as dependencias da Policía Local e realizaron un percorrido turístico pola cidade.

Compartir: