FESTAS

Santiago e Trazo celebrarán conxuntamente por primeira vez a Festa do Escalo de Chaián

03/06/2012 O 22 de xullo celebrarase a XXXVIII Festa do Escalo na praia fluvial de Chaián. Pero nesta edición e por primeira vez, a festa celebrarase conxuntamente entre os concellos de Santiago e Trazo.

Os organizadores da Festa do Escalo agradeceron a implicación do Concello e o feito de que a celebración xa se estea preparando con máis dun mes de antelación. A iniciativa supón o irmandamento entre Trazo e Santiago nunha celebración que conta cada ano cuns 600 participantes. O concelleiro de Festas, Francisco Noya, agarda que nesta edición se supere incluso a afluencia, por estar incluído o evento no programa das Festas do Apóstolo.

Compartir: