CONSORCIO

O Consorcio de Santiago realiza traballos de conservación na igrexa de San Pedro

01/06/2012 O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, vai iniciar novos traballos de restauración na igrexa de San Pedro

Nestes días estase procedendo á substitución da porta de entrada por unha réplica, realizada tamén en madeira de castiñeiro. Con posterioridade vaise traballar na aplicación de novos revocos de cal nas paredes exteriores do edificio, que actualmente presentan un estado moi deficiente, con manchas de humidades e desprendementos.

Os traballos contan cun orzamento de 18.000 euros, IVE incluído. Previamente, o Consorcio xa actuara na igrexa de San Pedro, en 2002 e 2007. Este templo é un edificio histórico que conta coa máxima protección patrimonial e está incluído no Plan Especial da Cidade Histórica.

Compartir: