BENESTAR SOCIAL

Crying Wolves e Ërglis pechan os concertos sen alcohol do festival "MusiCompostela"

01/06/2012 A Sala Moon (República Arxentina, 25) acolle o último dos oito concertos do festival MusiCompostela, celebrado ao longo dos meses de marzo, abril e maio, e enmarcado no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias. Crying Wolves e Ërglis son os protagonistas desta última entrega.

MusiCompostela arrancara o 10 de marzo coa actuación dos grupos composteláns Vizarros e Vicky. Seguíronlle outros sete concertos na Sala Moon nos que non se serviu alcohol, como forma de fomentar un ocio alternativo e saudable entre a mocidade compostelá.

Polo escenario pasaron en sucesivas actuacións Drink and Tonic, Touret; Manolo e Fillos, Lío e Mayu; The Free Riders, Free Lance; Hellorice, Agoraphobia; Labazada e Las Colillas Aquí. Crying Wolves, que participaran xa na presentación do ciclo en Raxoi, e Ërglis pechan o calendario de concertos.

Compartir: