PERSOAL

Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia

25/05/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu no salón vermello os traballadores municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia (22 de maio).

Ángel Currás agradeceu os traballadores o seu labor diario para o bo funcionamento da Administración municipal. E mirando cara a actual conxuntura económica, pediulles "comprensión" neste momento de "indefinición do novo mapa de competencias das Administracións" e no que "moitos concellos teñen dificultades para manter os servizos públicos".

Tamén interveu a concelleira de Persoal, Amelia González, quen expresou o seu desexo de que cheguen a bo porto as negociacións que está a manter na materia o Goberno municipal cos representantes sindicais. Recordou que os axustes propostos nas chamadas axudas sociais obedecen a unha situación de necesidade de aforro nesta "moi mala época". Finalmente, deu as grazas os traballadores pola súa achega para facer que "o proxecto do Concello de Santiago sexa unha realidade".

Compartir: