ALCALDÍA

O Compostela inaugurou a sala de trofeos que honra a figura de José Albarrán

24/05/2012 A Sociedade Deportiva Compostela inaugurou a súa sala de trofeos, en honra á figura do ex presidente José Albarrán Juárez. O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiou a este acto, enmarcado no 50 aniversario da entidade.

As medallas, os trofeos e as placas honoríficas que compoñen a historia da entidade deportiva regresaron ao seo de la SD. Así, os galardóns do Compostela están xa expostos no estadio de San Lázaro para que todos os afeccionados e santiagueses poidan contemplalos.

O alcalde manifestou a súa "satisfacción por estar hoxe inaugurado unha sala de trofeos que reflicte a historia e os éxitos dun club como o Compostela". E lembrando esa historia, tivo palabras de recoñecemento para José Albarrán, persoa que "forxou os cimentos deste Compostela". A el e á súa familia agradeceu que conservaran os trofeos que agora se exhiben.

No acto estivo moi presente a lembranza de Albarrán. A súa viúva, Sagrario Castro, e a súa filla Margarita foron as encargadas de inaugurar oficialmente a sala. Albarrán, presidente da entidade deportiva na década dos 70 (entre 1969 e 1978), foi un piar fundamental na historia da S.D. Compostela. Durante os seus anos de mandato, dotou ao club dunha sede social e instalou iluminación eléctrica no campo de Santa Isabel. Máis tarde, en 2006, adquiriu en poxa 25 lotes de trofeos do Compostela co obxecto de preservar a historia da entidade e evitar que se dispersaran.

A viúva de Albarrán recordou emocionada os anos de vida que o seu marido dedicou ao Compostela: "Traballou moito. A cantidade de diñeiro que destinou ao equipo é incalculable. Depositou todo o seu cariño e ilusión no club branquiazul. Ás veces deixaba de lado a súa vida persoal e os seus compromisos familiares polo Compos. Incluso faltou a vodas por acudir a partidos. Foi unha vida chea de sacrificios e tamén sufrimento polo amor ao escudo compostelanista".

O presidente branquiazul, Antonio Quinteiro, testemuñou o agradecemento á familia Albarrán por salvagardar o patrimonio máis prezado do club: o gañado no campo de xogo. "O Compostela dá un paso máis na recuperación do seu patrimonio, coincidindo tamén co cincuenta aniversario da súa fundación. Grazas á familia Albarrán por ter custodiado os trofeos do equipo e mostrar o seu amor ás colores do equipo", indicou.

Compartir: