CULTURA

La Habitación Roja presenta no Principal "Fue eléctrico" dentro do Compostela Rock

23/05/2012 La Habitación Roja (Valencia pop-rock) estarán no Teatro Principal o xoves 24 de maio ás 21:00 horas, nun concerto enmarcado na súa xira Fue eléctrico e dentro do Compostela Rock. Como teloneiro estará Sethler presentando en acústico o seu primeiro álbum, Batalla. As entradas para ver a este clásico do pop español, precedido dunha novidosa proposta, custan 10 € anticipada, e 14 € o día do concerto, e poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do propio Teatro Principal.

Falar de La Habitación Roja é falar dun clásico do pop español. Un grupo sen présas que medrou con dificultades pero con paso firme baseando a súa carreira no longo percorrido e na paixón que desataban nos seus fans. Tras moitos discos no seu primeiro selo saltaron a Mushroom Pillow para vivir o mellor momento do grupo. Nuevos tiempos supuxo a súa comuñón total co público, devolvéndoos ao mellor lugar do trono. Isto viuse claramente reflectido na súa gran xira de presentación e na multitude de novos fans que os viron medrar continuamente nunha das carreiras que mellores palabras recollerá nos vindeiros anos.

Despois volvían publicar novas cancións a través de Dirán que todo fue un sueño para volver aos brazos de Steve Albini no 2007 para un novo disco onde seguen afianzando un son máis duro e directo ao corazón. Con Cuando ya no quede nada céntranse nos sons máis escuros e buscadores de ouro. No mesmo 2007 editan Posidonia, repleto de temas extras e xa en 2008 van ata Esta no será otra canción de amor con outro mini cd de 7 temas. Mentres preparaban o seguinte disco, publicado en febreiro de 2010, reeditáronse os catro primeiros xunto a extras, inéditos, singles, caras Bs, maquetas e un novo concepto usual que define finalmente a globalidade do mundo de La Habitación Roja. O sétimo disco da súa carreira é Universal, unha conxugación de sons pop clásicos con estribillos claros e altas.

Agora presentan Fue eléctrico. O quinteto condensou as mellores cualidades que posúen os seus hits de sempre nas cancións que compoñen este traballo: vibrantes, con gran tensión emocional e con estribillos que moi pronto serán memorables para calquera fan do pop en castelán. O disco gravouse nos estudos Ultramarinos de Santi García e o grupo volveu a dar un xiro de son con respecto ao anterior; Se en Universal había predominio de guitarras acústicas, aquí mandan as eléctricas. "Queriamos facer un disco no que calquera das cancións servirá para comezar un concerto", din.

Se con Universal chegaron ao posto 14 das listas de venta en España, foi a época con máis concertos da súa carreira e se sumaron varios hits ao seu repertorio habitual ("Voy a hacerte recordar", "Febrero", "Younger") con Fue eléctrico só podemos esperar a mesma enerxía e unha nova suma de clásicos.

Sethler é o álter-ego musical de Hugo Martín Cuervo, recoñecido no mundo da curtametraxe por ser o director máis novo nominado a un Goya. Este xixonés debuta con Batalla, o primeiro álbum dunha triloxía xa trazada que se completará con Negociación e Tregua. A banda que colaborou no disco e que acompañará a Sethler en directo fórmana Jorge García produtor e batería de Nacho Campillo; David Glez. Cambray, contrabaixista de Marlango; e Iván Valdés, guitarrista de Najwa Nimri.

Compartir: