CONSORCIO

O Consorcio realiza traballos de conservación nas escaleiras de acceso á Colexiata de Sar

23/05/2012 O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, acaba de iniciar un traballo de restauración na Colexiata de Santa María de Sar. Os traballos consisten en obras de mellora na escaleira de acceso á igrexa, que a día de hoxe se atopa en mal estado.

Colocaranse novos banzos de granito, con superficie regular, mellorando a accesibilidade das persoas. A obra conta cun orzamento de 7.900 euros, IVE incluído, e durará en torno a dúas semanas. O Consorcio leva investido na Colexiata de Sar preto de 300.000 euros, repartidos en diferentes fases, nos períodos 1993-1998 e 1998-1999. A última actuación foi en 2005 e permitiu substituír a instalación eléctrica, establecer unha nova iluminación artística e colocar na porta un cortaventos de cristal.

Compartir: